13 febreiro 2009

Entroido ( II )

Na polafía que organizou a Asociación de Escritores en Lingua Galega en colaboración co museo Etnográfico de San Paio de Narla, alá polo mes de novembro do pasado ano, Álvaro do Sisto ( Anxeriz) achegounos vía oral a letra dunha comparsa do Entroido de moitos anos atrás, cando menos anterior ao 1.970.
Foi recollida polo propio Álvaro, sendo a informante Carmen Lage Morandeira veciña de Anxeriz. 
Nós , aproveitando que estamos en pleno ciclo entroidano reproducimos aquí o texto. 
Achegamos á entrada a fotografía do texto que se repartiu na propia polafía, e que é unha adaptación feita por Álvaro do Sisto e Isidro Novo
Reproducimos a continuación a letra da Comparsa:

Cantar da Comparsa dos Rexumeiros

Aquí vimos os Rexumeiros
nesto somos algo artistas
para darlle comezo ó conto
tocoulle por turno ás modistas.

Botan toda a súa vida
e non saben dar puntada
en cambio saben facere
ben os dibuxos na cara.

Primeiro cortaban o pelo
vai pasando esa moda ahora
xa se lles deu por enrestralo
como se enrestan as cebolas

Pensan que lles queda benhe
así como o poñen elas
queren facerse máis guapas
e aínda se fan máis feas

Empezan depilando aas cexas
e poñendo o lunar postizo,
despois polvos e coloretes
enseguida veña chorizo.

É un verdadeiro asco
anque elas digan que nonhe
pa completar o masaje
danlle ós ollos con carbonhe

Despois no tempo do verano
cando cansa moito a calore
procuran traer pouca roupa
pa non despedir mal olore

Poñen por debaixo un viso
por riba unha bata ou saia
poñen o traxe de baño
alá se van para a praia.

A veces pasa cada cousa
que por certo é moi divertida
alguna con tanto gustño
xa se ten quedado durmida.

A algunhas dalle vergonza
que a vexan tantos pasmose
en vez de estarse cas outras
vai pa detrás dos montose.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.